Originalmente publicado en: https://labsbibliotecarios.es/proyecto/capa-rossa/
Este proxectoIniciativas que son desarrolladas en los laboratorios ciudadanos por equipos de trabajo interdisciplinares, con el apoyo de los mentores y mediadores… está ligado á colección de ilustracións capa.rossa, que xiran en torno á temática da menstruación. O principal obxectivo desa colección de ilustracións é visibilizar problemáticas e tabús que afectan ás persoas menstruantes.
Con base a estas ilustracións, abriranse diferentes temas de traballo e debate co fin de reflexionar sobre as nosas corpas.
O proxecto dividirase en dúas sesións:
Na primeira sesión tratarase información básica sobre a menstruación, debatirase sobre posibles orixes do tabú e dos mitos que xiran en torno a ela. Traballarase sobre as ideas básicas do ciclograma e os arquetipos coa finalidade de que cada participante elabore o seu propio ciclograma completo durante o presente ciclo menstrual.
A segunda sesión terá como finalidade principal compartilos ciclogramas realizados e debatir sobre eles e sobre os mitos en torno a menstruación que se asocian ao ciclo. Tamén se debatirá sobre métodos de contención menstrual.
As ilustracións pódense consultar nos seguintes enlaces: